Maratón de lectura
Un ano máis realizamos o maratón de lectura. Os nenos e nenas xuntáronse por niveis para ler distintos textos dende as 9 ata as 13,30 horas. Foron testemuñas desta actividade os tres símbolos elixidos: o reloxio, o Quixote e un libro de Astronomía e a galería de fotos que seguen.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Os alumnos do 3º ciclo, tamén para celebralo Día do Libro, construiron este “muiño de vento”.
Empregaron como material básico os libros que en desuso se atopaban espallados polas aulas.
A verdade é que lles quedou moi bonito.
Temos que agradecerlle a todos, alumnos e profesores, os traballos realizados para esta
conmemoración, que foron moitos, e que podemos ver nas aulas e corredores.
Ler é Saber
Estamos outravolta no mes de abril e descubrimos que de novo arrecende a flores novas e a libros de sempre. As palabras son as protagonistas das mensaxes que nos conmoven, que nos amosan como é o mundo no que habitamos. Os libros axúdannos a ser máis libres e a saber máis cada día. Este é o mes dedicado a eles e nós queremos celebralo. Axúdanos!
PARTICIPA! ANÍMATE A LER!
O 2º maratón de lectura no noso colexio terá lugar este ano o próximo xoves, día 23, para celebrar así o Día Internacional do Libro. Participarán todos os cursos de primaria, de 1º a 6º, e cada nivel irá pasando a quenda ao seguinte para que a lectura estea presente desde as 9 da mañá ata as 13 horas.
Animámosvos a participar con ilusión e con respecto, xa que se trata de facer unha actividade en grupo. Unha vez máis o silencio será necesario para darlle a importancia que merece a esta celebración da lectura.
TEATRO PARA LER
E tamén dedicaremos os últimos días de abril a ler teatro. Xuntarémonos por ciclos para pasalo ben escoitando aos lectores.
Lembrade que no teatro recreamos as situacións da obra coa forza da voz, coa entoación, coa expresividade xusta.
Animádevos a ler o mellor que sabedes diante dos compañeiros e a pasalo ben entre todos.
Hai moitas obras apropiadas para a lectura teatral, pero tamén podedes crear as vosas propias historias en equipo e presentalas diante dos compañeiros de ciclo.
ANIMÁDEVOS!
A LECTURA DE TEATRO É DIVERTIDA.