COFREdeLETRAS
Nesta sección, Cofre de Letras, publicaremos as creacións literarias dos alumnos/as ou do profesorado.
Cando dorme a lúa, chegan as estrelas. Voan e voan. Non sei a onde chegan. Van a un sitio de escuridade. Non se ven, pero si que están. María 1ºA |
A lúa é redonda como unha pelota, e un globo tamén. Pódese debuxar nos cadros da escola e alí ela alégrase. Daniela 1ºA |
O sol relucente como unha pela do mar. Con el vou á praia e moita calor me dá. Daniela 1ºA
Encántame a chuvia, porque me mollo e me divirto. E os coches móllanse. E o meu pelo móllase. E cando estou a punto de ir ao parque, ponse a chover, e o so vaise. David 1ºA |
A lúa, gústame mirala pola noite. A lúa é bonita. Brilla pola noite. Cando está chea parece unha pelota, un anaco de pizza no medio do ceo. Lucía 1ºA
A primavera é fermosa, a primavera é colorida e o máis bonito é a súa alegría. A primavera, para min, é un campo de flores coloridas que neste tempo se acenden coa luz do sol ardente. Candela 3ºB |
Varios poemas que os alumnos de 2º realizaron o pasado curso.
O meu xardín é fermoso. No meu xardín imaxino que son pequeniña e vou pola herba. Na herba vexo formigas enormes e bolboretas que parecen avións. No meu xardín eu teño o meu mundo. Ana Montenegro |
A unha árbore podes dicirlle mil cousas. As árbores con flores son fermosas, ás veces as árbores teñen niños con pequenos paxariños. As árbores teñen follas de cores que mudan en cada estación do ano, pero… a unha árbore podes dicirlle mil cousas. Ana Montenegro
|
O meu xardín está rodeado de flores grandes e pequenas; porque o meu xardín é un mundo imaxinario cando camiño por riba da herba. Vicky Montes de Oca
|
Chuvia de azul, chuvia de branco que me empapa o pelo, charcos de auga, nubes de azul, chuvias negras, auga brillante. O meu paraugas mollado de auga, tronos e chuvia da cor de vento. Pablo Molist
|
Máis poemas …
Vexo estreliñas Vai vir o día, Agora é de noite |
Estirei, estirei |
O sol, o sol, O sol, o sol O sol, rei do espazo, Se non estivera alí |
|
Día Mundial do Medio Ambiente
A ÁRBORE
A árbore é moi bonita coas súas pólas que dan moita sombra. Os paxaros pousan nela cando están cansos de voar. Vichy – 3ºB
Érase unha vez unha árbore que moitos amigos tiña, sabía que un leñador as cortaría e sen amigos se quedaría. Víctor – 5ºA
O ARCO DA VELLA
Sete cores ten o ceo, cores alegres e cores de flores. O arco da vella non deixa de saír, cando o sol ri e chora á vez. Nerea – 5ºA
A BOLBORETA
Bolboreta, voa co teu traxe de cores polo campo, en Primavera. Raquel – 1º A
A bolboreta con antenas, a bolboreta de cores, que se pousa nas flores. Silvia – 1ºA
A bolboreta é de cores e sempre sae na primavera e encántanlle as flores. David – 1ºA
Raio de luz, bolboreta, que voa de flor en flor. ¡Non me engana o teu voo! Juan -5ºA
O CABALO SALVADOR
Un cabalo chamado Xoán viu un cazador cazando un coello. Xoán evitou a caza dándolle unha couce ao home. O cazador enfadado disparou ao cabalo, pero este esquivouno. O home foise moi enfadado. Brais – 4ºB
O CABALO PEPITO
No incendio do bosque, o cabalo salvaxe Pepito, converteuse nun heroe por rescatar a todos os seus semellantes. Pablo – 5ºA
O CAN SEN AMIGOS
Había unha vez un cachorriño que non tiña amigos porque era moi pequeno, pero cando se fixo maior volveuse moi forte e popular. Laura – 4ºB
O CEO
O ceo, pobriño, está agardando ao Sol moi amodiño, porque xa xea de noite e non ten abrigo. O seu único amigo é o Sol. ¡Pobriño! Andrés – 5ºA
CONTAMINACIÓN
A contaminación é o peor, nunca me gustou: quítame a vida que amo. Loito pola vida que teño e porque desapareza a contaminación. Andrea – 5ºA
Érase unha vez un lixo superlixo, supercontaminado que se meteu na praia e quedou limpado.
A FLOR:
A flor é fermosa porque cando a vexo síntome coma unha flor e son de tantos colores que me sinto como dentro dunha flor. Lucía – 1º A
As flores son fermosas porque adornan os campos e tamén as macetas das casas. Hugo – 1ºA
A flor ten una problema, perdeu a súa cor. Eu téñolle unha solución: que se lave na auga e recuperará a súa cor. Paola – 5ºA
A flor perdeu o seu cheiro e a súa cor. A pobre estivo moi triste ata que a Primavera lle devolveu a súa frescura. Sukaina – 5ºA
Era unha vez unha flor amarela que, de tanto tomar o Sol, púxose vermella.
O LEÓN
Había unha vez un león que se metía cos demais. Un día a súa nai pillouno meténdose con eles e castigouno. O león arrepentiuse e ela perdooulle. Dende entón o león vive feliz na selva. Eva – 4ºB
O LEÓN QUEDOU NO ZOO
Había unha vez un león que vivía na selva tranquilamente. Un día quedouse durmido. Mentres estaba durmido, os cazadores cazárono e cando espertou, estaba no zoo. Quedou moi triste. Miguel – 4ºB
O MAR
O mar coas súas frescuras anda a tecer co brillo do Sol e cópialle a súa cor. Nahuel – 5ºA
O mar contaminado, ¡pobriño, meu neniño! Sen escumas prateadas e a súa boca salgada. Fabio – 5ºA
A MONTAÑA
A montaña é moi alta e os animais comen a súa herba. Nela óese o eco. — 3ºB
A NATUREZA
A natureza debe ser coidada para que a túa cidade estea descontaminada. Gabi – 3ºA
A natureza é fermosa coma unha rosa e non hai que ensuciala, senón limpala. Álvaro – 3ºA
A natureza hai que coidala porque as fábricas poden contaminala e os seres humanos non poden vivir. Carolina – 3ºA
A natureza non hai que contaminala, senón limpala. Samaira – 3ºA
O PARRULO
O parrulo ía a navegar polo río e chocou contra unha rocha do río e viu as estrelas. Emanuel – 1ºA
O PAXARO
Érase unha vez un paxaro que sempre me acompañaba ao colexio e un día sentiu soar a serea e escapou correndo co medo. Alejandra -3ºB
Os paxaros cantan, á xente lles encanta. Canta, canta, paxariña canta, canta no teu niño. Canta, canta pola mañá, no teu paxar. Laura – 4ºB
Érase un paxaro moi avaro. Tan avaro, tan avaro, que a todos despreciaba. Curou o día que lle deron a probar a súa menciña. Tamara – 5ºA
A POMBA
A pomba está triste, pois só a sacan cando é o Día da Paz, a quen ninguén fai caso, pois hai pelexas igual. Beatriz – 5ºA
O RÍO
O río, cando baixa por unha montaña, retórcese coma unha serpe. É a cousa máis fermosa que vin nunca. Ana – 3ºB
Unha vez nun bosque lexano había un río chamado Rinrín, moi chuliño porque sempre dicía: -“Eu teño máis auga que ninguén”. Entón o Sol apareceu e secouno. Rinrín nunca máis se volveu a chulear. Alba – 4ºB
Érase unha vez un río que sempre estaba contaminado. Un día os animais do bosque decidiron limpalo. Ao final quedou limpo grazas aos animais do bosque. Marina – 4ºB
Río de augas claras, de peixes escuros e de árbores que lavan as ramas.
A RÚA
Sucia está e cheira fatal. Os barrendeiros téñena que limpar, pero sempre hai lixo e non se pode remediar. Lixo e lixo na rúa, sempre haberá. O home non aprenderá. Jaime – 5ºA
O SOL
O sol brilla no ceo, da moita cor á cidade e tamén calor. Podes ir á praia. ¡Que bonito é o sol! Zeltia – 3ºB
A TERRA
A Terra é un planeta moi lindo. Ten lagos, campos, montañas, etc. Pero estámola estropeándoa. — 3ºB
Aínda non hai comentarios.
Deixar unha resposta