CEIP Concepción Arenal

Blog do Centro

Revista Anual Catro Camiños

  • Como é costume por estas datas co gallo da conmemoración das Letras Galegas, vimos de publicar o Nº 9 da Revista Anual Catro Camiños.

  • Realizada en formato papel por e para os nosos alumnos, deixamos aquí copia dixitalizada a cor.

20 Maio 2010 Posted by | Actividades, Alumnos, Celebracions, Revista | , | Deixar un comentario

Letras Galegas 2010

19 Febreiro 2010 Posted by | Celebracions, COFRE de LETRAS, Revista | | Deixar un comentario

Hubble

HUBBLE 1HUBBLE 2HUBBLE 3HUBBLE 4HUBBLE 5HUBBLE 6HUBBLE 7

HUBBLE 8Descarga documento HUBBLE en formato PDF

22 Xuño 2009 Posted by | Actividades, Farodefotos | 1 comentario

Día Mundial do Medio Ambiente

O 5 de xuño, celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente. Todos sabemos a importancia que ten a Natureza e a súa conservación para nós e os demais seres vivos do planeta, pois necesitamos levar unha vida de calidade e mirar cara ao futuro, a fin de que nada importante desapareza.

As Nacións Unidas estableceron esta celebración para sensibilizar a opinión pública e tratar de que traballemos xuntos e cooperemos para crear unha nova conciencia de coidado do medio natural, no que se desenvolve a vida e do que formamos parte.

Celébrase en todo o mundo de distintas maneiras: con festas, manifestacións, concertos ecolóxicos, campañas de reciclaxe, plantación de árbores, etc.

Moitos poetas inspiráronse na fermosura do mundo, nas súas criaturas e nos seus misterios. Velaquí unha mostra dalgúns deles, que quixeron destacar aspectos desa natureza.

GALICIA

[…]

A das floridas valgadas,

a do barulleiro mar,

a das roibas alboradas

e as noitiñas de luar.

A dos toxos feridores,

a das rosas velaíñas,

a das roibas alboradas

e a das choivas miudiñas.

[…]

Ramón Cabanillas

AS FLORIÑAS DOS TOXOS

¡Nin rosiñas blancas, nin claveles roxos!

Eu venero as floriñas dos toxos.

Dos toxales as tenues floriñas,

que sorríen, a medo, entre espiñas.

Entre espiñas que o ceo agasalla

con diamantes as noites que orballa.

¡Oh do ermo preciado tesouro:

as  floriñas dos toxos son de ouro!

De ouro vello son, mai, as floriñas

dos bravos toxales, ¡das devociós miñas!…

Antonio Noriega Varela

LÚA

A lúa é velliña,

de brancos cabelos,

de engurras de ouro

e de olliños cegos.

Érguese do leito

das foulas do mar

palpando os espazos

para camiñar.

Anda polo mundo

sen ver a onde vai

pois as estreliñas

lévana da man.

[…]

Luís Amado Carballo

O ARCO DA VELLA

Dende o piñeiredo de Vilanoviña

o arco da vella ergueuse a beber,

tanta sede tiña

que fixo surrindo un voo de anduriña

e foi dun esguello no río a caer.

Ó sentir da auga a caricia leda

espallouse en néboa pola tarde mol

e enchéndose dela colgou na robleda

seu pano de cores tinguido do sol.

[…]

Xerando Álvarez Limeses

TEÑEN NOME

Non digas “unha árbore”,

dille “carballo”,

se che gusta a súa sombra

tes que nomealo.

Que ten un nome,

se che gusta a súa sombra,

que non se borre.

Non digas “un paxaro”,

dille “andoriña”,

que vén coa primavera

e anuncia a vida.

Que ten un nome,

que vén coa primavera,

que non se borre.

[…]

Marica Campo

AI O MAR

Ai o mar co seu barco roubado!

Ai o mar na súa cunca deitado!

Ai o mar!

Vén tatuado nalgún mariñeiro.

Vén coas gaivotas a rir no peteiro.

Vén terra adentro nun puño de sal.

Ai o mar, cabaleiro azulado,

nos castelos de escumas gardado!

Ai o mar!

Que me leve, me leve nas ondas

coas súas mans máis escuras e fondas!

Ai o mar, meu amigo!

Ai o mar!

Ana María Fernández

QUITA A PUCHA, AMIGO

Quita a pucha, amigo,

que xa o reiseñor

vai cantando no bosque

ferido de amor.

[…]

Álvaro Cunqueiro

Tamén os nosos nenos e nenas do colexio queren deixar a súa preocupación pola Natureza escribindo contos moi breves (de tres liñas manuscritos).

Día Mundial do Medio Ambiente

A ÁRBORE

A árbore é moi bonita coas súas pólas que dan moita sombra. Os paxaros pousan nela cando están cansos de voar. Vichy – 3ºB

Érase unha vez unha árbore que moitos amigos tiña, sabía que un leñador as cortaría e sen amigos se quedaría. Víctor – 5ºA

O ARCO DA VELLA

Sete cores ten o ceo, cores alegres e cores de flores. O arco da vella non deixa de saír, cando o sol ri e chora á vez. Nerea – 5ºA

A BOLBORETA

Bolboreta, voa co teu traxe de cores polo campo, en Primavera. Raquel – 1º A

A bolboreta con antenas, a bolboreta de cores, que se pousa nas flores. Silvia – 1ºA

A bolboreta é de cores e sempre sae na primavera e encántanlle as flores. David – 1ºA

Raio de luz, bolboreta, que voa de flor en flor. ¡Non me engana o teu voo! Juan -5ºA

O CABALO SALVADOR

Un cabalo chamado Xoán viu un cazador cazando un coello. Xoán evitou a caza dándolle unha couce ao home. O cazador enfadado disparou ao cabalo, pero este esquivouno. O home foise moi enfadado. Brais – 4ºB

O CABALO PEPITO

No incendio do bosque, o cabalo salvaxe Pepito, converteuse nun heroe por rescatar a todos os seus semellantes. Pablo – 5ºA

O CAN SEN AMIGOS

Había unha vez un cachorriño que non tiña amigos porque era moi pequeno, pero cando se fixo maior volveuse moi forte e popular. Laura – 4ºB

O CEO

O ceo, pobriño, está agardando ao Sol moi amodiño, porque xa xea de noite e non ten abrigo. O seu único amigo é o Sol. ¡Pobriño! Andrés – 5ºA

CONTAMINACIÓN

A contaminación é o peor, nunca me gustou: quítame a vida que amo. Loito pola vida que teño e porque desapareza a contaminación. Andrea – 5ºA

María era unha bolboreta que vivía nunha árbore encantada, na que vivían tamén, a eiruga Luisa e o saltón Christian. Os tres eran felices porque non había contaminación. Esther – 6ºB

Érase unha vez un lixo superlixo, supercontaminado que se meteu na praia e quedou limpado.

A FLOR:

A flor é fermosa porque cando a vexo síntome coma unha flor e son de tantos colores que me sinto como dentro dunha flor. Lucía – 1º A

As flores son fermosas porque adornan os campos e tamén as macetas das casas. Hugo – 1ºA

A flor ten una problema, perdeu a súa cor. Eu téñolle unha solución: que se lave na auga e recuperará a súa cor. Paola – 5ºA

A flor perdeu o seu cheiro e a súa cor. A pobre estivo moi triste ata que a Primavera lle devolveu a súa frescura. Sukaina – 5ºA

Era unha vez unha flor amarela que, de tanto tomar o Sol, púxose vermella.

O LEÓN

Había unha vez un león que se metía cos demais. Un día a súa nai pillouno meténdose con eles e castigouno. O león arrepentiuse e ela perdooulle. Dende entón o león vive feliz na selva. Eva – 4ºB

O LEÓN QUEDOU NO ZOO

Había unha vez un león que vivía na selva tranquilamente. Un día quedouse durmido. Mentres estaba durmido, os cazadores cazárono e cando espertou, estaba no zoo. Quedou moi triste. Miguel – 4ºB

O MAR

O mar coas súas frescuras anda a tecer co brillo do Sol e cópialle a súa cor. Nahuel – 5ºA

O mar contaminado, ¡pobriño, meu neniño! Sen escumas prateadas e a súa boca salgada. Fabio – 5ºA

A MONTAÑA

A montaña é moi alta e os animais comen a súa herba. Nela óese o eco. — 3ºB

A NATUREZA

A natureza debe ser coidada para que a túa cidade estea descontaminada. Gabi – 3ºA

A natureza é fermosa coma unha rosa e non hai que ensuciala, senón limpala. Álvaro – 3ºA

A natureza hai que coidala porque as fábricas poden contaminala e os seres humanos non poden vivir. Carolina – 3ºA

A natureza non hai que contaminala, senón limpala. Samaira – 3ºA

O PARRULO

O parrulo ía a navegar polo río e chocou contra unha rocha do río e viu as estrelas. Emanuel – 1ºA

O PAXARO

Érase unha vez un paxaro que sempre me acompañaba ao colexio e un día sentiu soar a serea e escapou correndo co medo. Alejandra -3ºB

Os paxaros cantan, á xente lles encanta. Canta, canta, paxariña canta, canta no teu niño. Canta, canta pola mañá, no teu paxar. Laura – 4ºB

Érase un paxaro moi avaro. Tan avaro, tan avaro, que a todos despreciaba. Curou o día que lle deron a probar a súa menciña. Tamara – 5ºA

A POMBA

A pomba está triste, pois só a sacan cando é o Día da Paz, a quen ninguén fai caso, pois hai pelexas igual. Beatriz – 5ºA

O RÍO

O río, cando baixa por unha montaña, retórcese coma unha serpe. É a cousa máis fermosa que vin nunca. Ana – 3ºB

Unha vez nun bosque lexano había un río chamado Rinrín, moi chuliño porque sempre dicía: -“Eu teño máis auga que ninguén”. Entón o Sol apareceu e secouno. Rinrín nunca máis se volveu a chulear. Alba – 4ºB

Érase unha vez un río que sempre estaba contaminado. Un día os animais do bosque decidiron limpalo. Ao final quedou limpo grazas aos animais do bosque. Marina – 4ºB

Río de augas claras, de peixes escuros e de árbores que lavan as ramas.

A RÚA

Sucia está e cheira fatal. Os barrendeiros téñena que limpar, pero sempre hai lixo e non se pode remediar. Lixo e lixo na rúa, sempre haberá. O home non aprenderá. Jaime – 5ºA

O SOL

O sol brilla no ceo, da moita cor á cidade e tamén calor. Podes ir á praia. ¡Que bonito é o sol! Zeltia – 3ºB

A TERRA

A Terra é un planeta moi lindo. Ten lagos, campos, montañas, etc. Pero estámola estropeándoa. — 3ºB

O VENTO

Cae a folla da árbore, toma o sol sobre a herba placenteira, temerosa de que o vento a incomode. Lorena – 5ºB

natureza2

3 Xuño 2009 Posted by | Actividades, Celebracions, COFRE de LETRAS | , | Deixar un comentario

O Universo

No Ano Internacional da Astronomía queremos, os nenos e nenas do Colexio, acercarnos ao espacio analizando as imaxes do telescopio Hubble. Estas son as nosas impresións:

Esta imaxe tomada polo Hubble semella:

20061027elpepusoc_8[1]“A Galaxia brillante, no ceo escuro, é coma un diamante” – nenos e nenas de 1º A.

“Un ollo na lúa, que nos mira dende o espazo” – nenos e nenas de 1º B.

“No espazo aparecen corpos sorprendentes” – nenos e nenas de 3º B.

“Volcán galáctico – Niño de estrelas: percibimos con moito detalle o comezo da erupción estelar. Estreliñas azuis saen do seu interior á conquista do espacio” – nenos e nenas de 5º A

“Planeta intergaláctico coa súa néboa e estreliñas ao seu redor. Planeta festeiro e radiante, todo corazón” – nenos e nenas de 5º A.

“Esta galaxia ten forma de ollo, non dun ollo normal, senón do ollo dun Robot, ollo de gato moi brillante e de cor vermella ou tamén pode ser .. ¡¡¡O ollo do UNIVERSO!!!” – nenos e nenas de 6ºB

hubble_earth_horz

Gustaríanos ir polo ceo

e poder flotar coma os Astronautas

e coñecer os astros que brillan.

1ºA

hubble[1]Unha bolboreta enriba dunha rosa vermella

nunha noite de lúa. 1ºB

Hubble%20Reveals%20the%20Heart%20of%20the%20Whirlpool%20Galaxy%202001-10-a-1024_wallpaper As galaxias teñen moitos buratos por descubrir.

3º B

070212_helix_hmed_10abisSemella o ollo dun gato que nos  observa fixamente. Tamén nos parece  unha luz vermella expulsando unha  choiva de estrelas azuis. 5º A
Vista%20desde%20el%20Hubble[1]Aparece unha nube no universo, unha nube iluminada coma unha tormenta. É un gran espacio con aneis estelares que brillan na súa grandeza. 6º B

3 Xuño 2009 Posted by | Actividades, Farodefotos | | Deixar un comentario

Teatro para ler

Maio
de libros,
de letras,
palabras,
debuxos
e cores.
Maio
de luces,
teatros,
historias
que buscan
lectores.
Maio
de festas,
de soños,
de moita ilusión.
Maio,
lecturas,
teatro…
Arriba o telón!

Ana Mª Fernández

TEATRO PARA LER

Este ano estamos a dedicar o mes de maio a ler teatro. Como xa ben sendo costume no noso Centro, xuntarémonos por aulas, niveis e ciclos para pasalo ben escoitando aos lectores.

Ler teatro supón para o que le en voz alta diante dun público que o escoita, poñerse na pel dos personaxes e recrear as situacións da obra coa forza da súa voz, coa entoación, coa expresividade xusta.

Animádevos a ler o mellor que sabedes diante dos compañeiros e a pasalo ben entre todos.

Hai moitas obras apropiadas para a lectura teatral, pero tamén podedes crear as vosas propias historias en equipo e presentalas diante dos compañeiros.

ANIMÁDEVOS! A LECTURA DE TEATRO TAMÉN É DIVERTIDA E INTERESANTE.

Ana,
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Érguese o pano. Comeza a obra.

A nave interplanetaria "O noso Centro" pon rumbo ao espacio inmenso de estrelas, constelacións, historias e lendas intergalácticas. Preparámonos, érguese o pano.


14 Maio 2009 Posted by | Actividades, Celebracions, COFRE de LETRAS | , | Deixar un comentario

Maratón de lectura


Cartel do dia do libro 2009

Un ano máis realizamos o maratón de lectura. Os nenos e nenas xuntáronse por niveis para ler distintos textos dende as 9 ata as 13,30 horas. Foron testemuñas desta actividade os tres símbolos elixidos: o reloxio, o Quixote e un libro de Astronomía e a galería de fotos que seguen.

Alumnos 1º curso Alumnos de 2º Alumnos de 2º curso
1909 4 º 3º
5º 6º

Muiño de "ventolibros"

Os alumnos do 3º ciclo, tamén para celebralo Día do Libro, construiron este “muiño de vento”.

Empregaron como material básico os libros que en desuso se atopaban espallados polas aulas.

A verdade é que lles quedou moi bonito.

Temos que agradecerlle a todos, alumnos e profesores, os traballos realizados para esta

conmemoración, que foron moitos, e que podemos ver nas aulas e corredores.

23 Abril 2009 Posted by | Actividades, Celebracions, Farodefotos | , | Deixar un comentario

Visita á Torre de Hércules

O martes 21 de abril, os alumn@s de 5º realizaron unha visita didáctica cultural á Torre de Hércules, dentro do programa Descubrir Coruña.

Aquí temos unha mostra gráfica da súa visita.

dsc013581

Hércules e ...

Vista dende a Torre

Vista dende a Torre

A rosa dos ventos

A rosa dos ventos

Descanso na rosa dos ventos

Descanso na rosa dos ventos

Nós na rosa dos ventos

Nós na rosa dos ventos

22 Abril 2009 Posted by | Actividades, Alumnos, Farodefotos | , | Deixar un comentario

Ler é Saber

           Estamos outravolta no mes de abril e descubrimos que de novo arrecende a flores novas e a libros de sempre. As palabras son as protagonistas das mensaxes que nos conmoven, que nos amosan como é o mundo no que habitamos. Os libros axúdannos a ser máis libres e a saber máis cada día. Este é o mes dedicado a eles e nós queremos celebralo. Axúdanos!

 

PARTICIPA!   ANÍMATE A LER!

 

O 2º maratón de lectura no noso colexio terá lugar este ano o próximo xoves, día 23, para celebrar así o Día Internacional do Libro. Participarán todos os cursos de primaria, de 1º a 6º, e cada nivel irá pasando a quenda ao seguinte para que a lectura estea presente desde as  9 da mañá ata as 13 horas.

Animámosvos a participar con ilusión e con respecto, xa que se trata de facer unha actividade en grupo. Unha vez máis o silencio será necesario para darlle a importancia que merece a esta celebración da lectura.

 

TEATRO PARA LER

 

E tamén dedicaremos os últimos días de abril a ler teatro. Xuntarémonos por ciclos para pasalo ben escoitando aos lectores.

Lembrade que no teatro recreamos as situacións da obra coa forza da voz, coa entoación, coa expresividade xusta.

Animádevos a ler o mellor que sabedes diante dos compañeiros e a pasalo ben entre todos.

Hai moitas obras apropiadas para a lectura teatral, pero tamén podedes crear as vosas propias historias en equipo e presentalas diante dos compañeiros de ciclo.

ANIMÁDEVOS!

A LECTURA DE TEATRO É DIVERTIDA.

19 Abril 2009 Posted by | Celebracions, COFRE de LETRAS | , , | Deixar un comentario

Poemas na escaleira

Pensamos que xa é hora renovar o poema da escaleira de entrada do noso centro. Así, os versos de Rosalía que xa levan tempo acompañándonos, dan paso aos de Manuel María por ser axeitados para as idades dos nosos nenos e polo tema fermoso e universal que trata.

O arco da vella
con sete colores
que teñen, no ceo,
beleza de flores.

O arco da vella
é un arco triunfal
con sete guerreiros
que a ninguén fan mal.

O arco da vella
de luz feito é.
Resulta un milagre
que siga de pé!

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Entrada principal

19 Abril 2009 Posted by | Actividades, COFRE de LETRAS | | Deixar un comentario