Letras Galegas 2012: Valentín Paz Andrade
Letras Galegas 2012
O día das letras galegas deste ano vai ser adicado a Valentín Paz Andrade.
Paz Andrade distinguiuse dende moi novo como xornalista, dirixindo durante cinco anos o xornal Galicia e colaborando en diferentes medios de prensa galegos e madrileños. Ten destacado tamén no campo xurídico relacionado co mundo da pesca, sendo autor de varios libros sobre esta materia. Deuse a coñecer como poeta con Pranto Matricial, adicado a Castelao. Posteriormente publicou Sementeira do Vento e Cen Chaves de sombra.
Dende o Seminario Galán propóñennos como todos os anos un conxunto de actividades para coñecer a súa biografía e a súa obra.
Aínda non hai comentarios.
Deixar unha resposta