CEIP Concepción Arenal

Blog do Centro

Letras Galegas 2011: LOIS PEREIRO

O día das letras galegas deste ano vai ser adicado ao poeta galego Lois Pereiro, un poeta moderno, morto prematuramente e cunha vida marcada pola enfermidade (vítima do envelenamento masivo por aceite de colza) que había influír na súa obra.
Dende o Ceip Condesa de Fenosa de O Barco de Valdeorras propóñennos unha actividade LIM para irmos quentando motores de cara ás letras e comezando a coñecer ao autor, a súa biografía e tamén poder achegarnos a algunha das súas obras.

Lois Pereiro

23 Marzo 2011 Posted by | Celebracions, Letras Galegas | | Deixar un comentario