Maratón de lectura
Un ano máis realizamos o maratón de lectura. Os nenos e nenas xuntáronse por niveis para ler distintos textos dende as 9 ata as 13,30 horas. Foron testemuñas desta actividade os tres símbolos elixidos: o reloxio, o Quixote e un libro de Astronomía e a galería de fotos que seguen.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Os alumnos do 3º ciclo, tamén para celebralo Día do Libro, construiron este “muiño de vento”.
Empregaron como material básico os libros que en desuso se atopaban espallados polas aulas.
A verdade é que lles quedou moi bonito.
Temos que agradecerlle a todos, alumnos e profesores, os traballos realizados para esta
conmemoración, que foron moitos, e que podemos ver nas aulas e corredores.
Visita á Torre de Hércules
O martes 21 de abril, os alumn@s de 5º realizaron unha visita didáctica cultural á Torre de Hércules, dentro do programa Descubrir Coruña.
Aquí temos unha mostra gráfica da súa visita.
Ler é Saber
Estamos outravolta no mes de abril e descubrimos que de novo arrecende a flores novas e a libros de sempre. As palabras son as protagonistas das mensaxes que nos conmoven, que nos amosan como é o mundo no que habitamos. Os libros axúdannos a ser máis libres e a saber máis cada día. Este é o mes dedicado a eles e nós queremos celebralo. Axúdanos!
PARTICIPA! ANÍMATE A LER!
O 2º maratón de lectura no noso colexio terá lugar este ano o próximo xoves, día 23, para celebrar así o Día Internacional do Libro. Participarán todos os cursos de primaria, de 1º a 6º, e cada nivel irá pasando a quenda ao seguinte para que a lectura estea presente desde as 9 da mañá ata as 13 horas.
Animámosvos a participar con ilusión e con respecto, xa que se trata de facer unha actividade en grupo. Unha vez máis o silencio será necesario para darlle a importancia que merece a esta celebración da lectura.
TEATRO PARA LER
E tamén dedicaremos os últimos días de abril a ler teatro. Xuntarémonos por ciclos para pasalo ben escoitando aos lectores.
Lembrade que no teatro recreamos as situacións da obra coa forza da voz, coa entoación, coa expresividade xusta.
Animádevos a ler o mellor que sabedes diante dos compañeiros e a pasalo ben entre todos.
Hai moitas obras apropiadas para a lectura teatral, pero tamén podedes crear as vosas propias historias en equipo e presentalas diante dos compañeiros de ciclo.
ANIMÁDEVOS!
A LECTURA DE TEATRO É DIVERTIDA.
Poemas na escaleira
Pensamos que xa é hora renovar o poema da escaleira de entrada do noso centro. Así, os versos de Rosalía que xa levan tempo acompañándonos, dan paso aos de Manuel María por ser axeitados para as idades dos nosos nenos e polo tema fermoso e universal que trata.
O arco da vella
con sete colores
que teñen, no ceo,
beleza de flores.
O arco da vella
é un arco triunfal
con sete guerreiros
que a ninguén fan mal.
O arco da vella
de luz feito é.
Resulta un milagre
que siga de pé!
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística