Con P de PAZ
Abrimos hoxe este blog
como quen abre unha ventá
con A de sentir ÁNIMO,
con F de FALAR,
con H de HARMONÍA,
con M de MEDRAR,
con D de DICIR cousas,
con C de CAMIÑAR.
Abrimos este blog
para ESCRIBIR e SOÑAR.
Farémolo con verbas
que chamen pola PAZ.
Ana María Fernández
Manifesto pola Paz do noso Centro
Paz para espallala entre as persoas.
Para evitar o maltrato.
Para a violencia doméstica.
Para a igualdade de xénero.
Para que os pobres teñan refuxio e comida.
Para que non pelexemos nunca.
Para que vivamos mellor.
Para que o mundo sexa máis tranquilo.
Para que non haxa pelexas na nosa terra.
Para sementar amor e esperanza.
Para que ninguén chore e todas as familias vivan felices.
Para que no mundo haxa alegría, amizade e tranquilidade.
Para esquecer a maldade.
Para que non haxa máis crimes.
Para que desapareza a pobreza.
Para que desaparezan os insultos.
Para que sexamos amigos.
Para vivir en harmonía.
Para que sexamos solidarios.
Para esquecer as bágoas.
Para Israel e Gaza.
Para Sudán e Kurdistán.
Para tantas guerras que escondidas están.
Para que nunca…
nunca…
nunca…
falte o pan.
Benvidos ao blog do CEIP Concepción Arenal
Nace dende hoxe o blog do CEIP Concepción Arenal da Coruña, onde atoparás todas as novidades do colexio así como toda a información posible.